Vente, rapaza!Co gallo do Día de Rosalía de Castro, INF-B gravou Vente, rapaza!
Andan os paxarosMeniños e meniñas de INF-F, da profe Manola, recitan o poema "Andan os paxaros", de Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, 1903- Fair Oakes, USA, 1987) enmarcado na "coleición" Galicia Infinda, co gallo da celebración do día da Candeloria.
Cantade, paxariños, cantade!
Todas e todos cheos de nervios estiveron os nenos e as nenas da mestra Ramona B. gravando este podcast sobre paxaros. Porque son ben fermosos, permitide que volos adiquemos co desexo que pasedes un verán cheo de SAÚDE.
O alumnado de INF-A da mestra Carmela gravou un podcast ben curioso. Haikus_Poema libre
Que é un haiku?
Coñécese como haiku ou haikú (nalgúns casos jaiku) a un tipo de poesía orixinaria do Xapón, que consiste nun texto breve, composto por tres versos de cinco, sete e cinco sílabas respectivamente, aínda que a métrica non sempre adoita ser tan fixa. A súa esencia orixinal supoñía a unión de dúas ideas ou imaxes poéticas e o seu “corte” ou separación por unha final. Os haiku non presentan rima de ningún tipo.
Pensan, escriben e comparten.
Os raparigos de 4ºB amadriñan e apadriñan ao alumnado de catro anos. Pensaron, escribiron e compartiron fermosos versos.
A primavera-Alexia Fernández
Os valentes do mar-Leonardo Lazo
Ribeira-Laura Pérez
Un mar de axóuxeres-Antón García
A primavera-Alexia Fernández
Os valentes do mar-Leonardo Lazo
Ribeira-Laura Pérez
Un mar de axóuxeres-Antón García