RAdioPOema

Vente, rapaza!
Co gallo do Día de Rosalía de Castro, INF-B gravou Vente, rapaza!


Andan os paxaros
Meniños e meniñas de INF-F, da profe Manola,  recitan o poema "Andan os paxaros", de Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, 1903- Fair Oakes, USA, 1987) enmarcado na "coleición" Galicia Infinda, co gallo da celebración do día da Candeloria.


Cantade, paxariños, cantade!

Todas e todos cheos de nervios estiveron os nenos e as nenas da mestra Ramona B. gravando este podcast sobre paxaros. Porque son ben fermosos, permitide que volos adiquemos co desexo que pasedes un verán cheo de SAÚDE.


O alumnado de INF-A da mestra Carmela gravou un podcast ben curioso. Haikus_Poema libre

Que é un  haiku?
Coñécese como  haiku ou  haikú (nalgúns casos  jaiku) a un tipo de poesía orixinaria do Xapón, que consiste nun texto breve, composto por tres versos de cinco, sete e cinco  sílabas respectivamente, aínda que a métrica non sempre adoita ser tan fixa. A súa esencia orixinal supoñía a unión de dúas ideas ou imaxes poéticas e o seu “corte” ou separación por unha final. Os  haiku non presentan rima de ningún tipo.


Pensan, escriben e comparten. 
Os raparigos de 4ºB amadriñan e apadriñan ao alumnado de catro anos. Pensaron, escribiron e compartiron fermosos versos.

A primavera-Alexia Fernández
Os valentes do mar-Leonardo Lazo
Ribeira-Laura Pérez
Un mar de axóuxeres-Antón García