jueves, 24 de febrero de 2022

Vente, rapaza!

Cativas e cativos da aula de INF-B da profe Paula recitan "Vente, rapaza", un fragmento dun poema de Rosalía de Castro.

Se picas na imaxe, lévate a RadioPoema.

miércoles, 23 de febrero de 2022

Día de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro foi e segue a ser un referente, unha das mulleres máis representativas do noso país. Adiantada ao seu tempo, foi quen de publicar o primeiro libro escrito integramente en galego, Cantares Gallegos (1863). Arriscada, atrevida…MULLER.
Rosalía forma parte inseparábel da historia da nosa lingua, da nosa cultura e do noso ser.
Click na imaxe e escoita o podcast gravado por alumnado das mestras Loli I., Gena P. e Ramona B., de EP5B e de EP3AB co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro.